Moi boas, soñadores!
Xa estou coa versión en Galego da miña...


SAGA NIBIRU VOL. II
Velaquí déixovos un parágrafo do primeiro capítulo, pra abrirdes boca:
Unha feble choiva estelar, esvaecida
coma bágoas na choiva, pouco visible no crepuscular ceo, ía acompañando á
refulxente nave espacial na súa rápida e furtiva saída dende a superficie do
enorme planeta, no medio dunha das titánicas tempestades que batían sen
piedade, e dabondo, a estreita banda habitable do mesmo, só unha estreita rexión
situada na beira entre a súa dobre e paradoxal cara: dunha banda, a tórrida
metade visible, perpetuamente acendida, exposta á calor tiránica do seu máis
próximo astro-rei e doutra un lado oculto, na fonda frixidez da escuridade
eterna. O seu comandante, un nativo da super-Terra, semellaba inquedo ... ©Leo G.Paz 2016
Ataloguiño, soñadores!