Moi boas! Teño o pracer de confirmar a publicación da
EDICIÓN EN GALEGO
de
NIBIRU: CONTÍNUUM
A AMEAZA DO NÉMESIS
SAGA DO NIBIRU VOL.II
O vindeiro 25 DE XULLO DÍA DA PATRIA GALEGA
Pra abrirdes boca, un regaliño pra tod@s:
As primeiras páxinas do meu libro EN EXCLUSIVA
disponibles dende o luns en amazon,
agardo que vos gusten!
Saúdos, soñadores!
Silencio. Escuridade. O Contínuum Espazo-Temporal, do xeito que
fora detido, por ningunha razón na aparencia, agora botou a andar, de novo.
O Almirante endereitouse no seu asento,
o androide temoneiro activou os seus sistemas, ámbolos dous ollaron cara arriba na pantalla mural que presidía a ponte de mando
de Nova Terra, o planetoide xigante, ou quizais, Arca, no que gran parte da humanidade,
centos de millóns, embarcara, fuxindo da aterrecedora e inminente Ameaza do
Némesis.
-Integridade estrutural –
ordenou o Almirante – comprobación dos danos causados polo evento.
- O Acaecemento do Planeta X ou,
pra ser máis exactos, Némesis.... – reverberou o comentario do androide na espazosa
sala.
- Informe de danos! – insistiu
marcialmente o humano que comandaba a estación espacial.
-Si, un momento, señor - respondeu o
robot temoneiro; após un par de segundos, respondeu: -
integridade estrutural correcta, sen fendas externas, só danos menores debido á
desaceleración súpeta, que xa están a reparar os robots encomendados.
-Moi ben. NAV, imaxe externa –
á súa orde, o ordenador de Navegación amosou un panel holográfico diante do
almirante; este, paralizada polo abraio, non podía dar creto ó que estaba vendo.
Após un par de minutos de
inacción, o robot temoneiro comezaba a impacientarse - Entón, señor? – preguntou.
-Algo vai mal- só puido farfallar
o home, espertado de súpeto do seu momentáneo transo - por favor, active a
cámara frontal.
-Si, señor - respondeu o ser artificial e comezou a tocar no teclado holográfico cunha
mestría propia dun pianista. Mais nada aconteceu.
O militar comezaba a
impacientarse - Entón?
-Un momen...
Transcorreron un par de eternos
minutos denantes de que soara o timbre de chamada presidencial, mais as
conexións de entrada mantíñanse bloqueadas.
-Activo as....?
-Non! - explotou nunha “verborraxia”
agresiva o Almirante - arranxe iso, e xa!- ordenou, apuntando co seu enorme
furabolos para o monitor xigante, no que unha sucesión de imaxes
incomprensibles, case psicodélicas e mesmo absurdas, foron visibles.
-Ok, ok – e o robot continuou, a máis
non dar, escorregando os seus dedos encol das teclas virtuais, mesmo diríase que con pracer.
Pasaron outros longos minutos;
o aviso de chamada prioritaria chiscaba, histericamente.
Pese á maña do temoneiro, as
imaxes non mudaban.
-Grrrr- rosmou o seu xefe - déixeo,
concéntrese na pantalla, dígame se pode discernir algo comprensible, un
estándar, algo!
-Si, señor – os seus ollos
artificiais eran unha copia perfecta e mellorada daqueles dos seres humanos, de
xeito que eles recibirían as mesmas lonxitudes de onda, mais o almirante tiña a
esperanza de que os seus circuítos foran quen de clarexar o caos existente na pantalla.
O androide mantívose concentrado,
en silencio, mirando para a parede, aparentemente en transo. O militar volveuse impacientar.
-Reporte, Soldado!
-Si, señor, xa, ó meu ver…
O ser humano respirou aliviado -
entón?
-Son polígonos.
-Como?
-Polígonos, Formas poligonais
básicas: triángulos, cadrados, círculos, etc ...
-Está seguro, soldado? - A verdade, el, o seu cerebro humano non fora quen de procesar as imaxes
absurdas, mais quizais si a arquitectura avanzada do robot.
-Fixo, ó cen por cento, señor; o que estamos a mirar é, sen dúbida, unha sucesión tola de polígonos.
-Grazas. Chamadas entrantes, activas – agora era unha necesidade urxente comunicarse co Gabinete Presidencial.
NIBIRU: CONTÍNUUM
© 2016
Leonardo González Paz
Tódolos dereitos reservados
All
rights reserved
Dep.legal PO-087-2016
ISBN 978-1535426718
Expresamente prohibida a reprodución total ou parcial
desta obra por calquera medio ou soporte físico, electrónico e/ou virtual sen o
consentimento previo por escrito do autor