mércores, 24 de febreiro de 2016

A Lenda do Nibiru


Mais ... Que é Nibiru? Este nome raro, cheo de misterio e controversia, deu orixe a varias explicacións e especulacións, pero realmente ... 

Nibiru, que é o Nibiru? 

Pra comezar, a palabra vén da lingua Acadia, a que se falara na Mesopotamia fai máis de 2500 anos e, posteriormente, unha variante desta na antiga Babilonia. 

Nunhas tabletas de arxila, finalmente decifradas, en escritura cuneiforme atopadas por arqueólogos no século XIX, é mencionado nestes dous significados, xenericamente: encrucillada e punto de transición.  




Na rica mitoloxía do babilonios tamén está relacionada ao seu deus Marduk, elevado a divindade suprema e patrón cando a cidade converteuse na capital da Mesopotamia.


 
E, o que nos interesa lembrar aquí é que os mesopotâmios eran astrónomos notables, e o tiñan tamén identificado co planeta, Xúpiter, e mesmo con algún outro corpo celeste, coma a Estrela do Norte. 



Nos tempos modernos, principalmente durante o século XX, foi asociado co chamado Planeta X, situado nos confíns do Sistema Solar e que sería responsable dos cambios nas órbitas dos planetas no noso sistema solar exterior, formando un sistema binario co noso sol.  




Segundo estas teorías, na súa órbita excéntrica, periodicamente entraría no noso sistema solar, causando desastres naturais, como terremotos, erupcións volcánicas ou mesmo choivas de asteroides, e, segundo esta hipótese, sería responsable extincións masivas ocorreu no noso planeta, especialmente os cinco maiores 65 millóns de anos, 440, 360, 250, 210 e.

  

Isto non sería nada sorprendente, xa que, como os nosos astrónomos están a descubrir novas estrelas, faise evidente que os sistemas estelares binarios son moi comúns.



 




Sempre segundo esta teoría moderna, o Planeta X, Nibiru, no seu ciclo orbital de decenas de millóns de anos, estaría a achegarse de novo ó noso Sol, e de feito estaría a vir cara a nós. 





E se isto acontecera xusto no futuro próximo? Estamos preparados?

http://www.amazon.es/Nibiru-N%C3%A9mesis-Acaecemento-Planeta-Galician-ebook/dp/B013HAIGTQ/ref=sr_1_3?s=digital-text&ie=UTF8&qid=1455834553&sr=1-3 
+Máis...

domingo, 14 de febreiro de 2016

Nibiru:Némesis, o acaecemento do Planeta X


Saga do Nibiru, volume I


http://www.amazon.es/Nibiru-N%C3%A9mesis-Acaecemento-Planeta-Galician-ebook/dp/B013HAIGTQ/ref=sr_1_3?s=digital-text&ie=UTF8&qid=1455834553&sr=1-3

Limiar:


Alá fai uns anos atrás, os futurólogos apocalípticos da pseudociencia mesturaran, errados, coma sempre, a suposta profecía do troco da Era dos Maia cunha vella lenda babilonia, a do Nibiru, pra crear o fenómeno da Apocalipse do 2012. 

Obviamente, todo iso, non aconteceu. 

Mais, na miña curiosidade humana natural, e coma afeccionado á Historia Antiga, fíxome mergullar no conto e, ó documentarme e ir sabendo máis, foime decatando de que a dita lenda, actualizada ós nosos tempos coas teorías científicas sobre o Planeta X, nunca fora tratada axeitadamente na literatura, e vin que había material dabondo para escribir unha novela, extensa, si, mais entretida, tamén.

Ambientada nun futuro relativamente próximo, a miña novela  podería ser catalogada, nunha primeira ollada, coma de "Ciencia-Ficción catastrofista" clásica, das de toda a vida, pero vai máis alá:

-Téntase respectar rigorosamente os preceptos científicos, tanto a tecnoloxía actual como a que previsiblemente imos ter  dentro dalgún tempo, polo que eu a cualificaría mellor coma de "Ficción Científica".

-Xustamente, un dos temas principais da novela é o "Milenarismo Tecnolóxico" ou a competencia entre os seres humanos e uns robots extremadamente intelixentes, e, inda máis, empáticos.

-Mais, lonxe de ser unha obra densa, incorpora moita acción trepidante, suspense, romance, mesmo fulgores de humor e erotismo... se mo permiten, é unha novela moi "sexy".

Lese moi rapidamente, e, na miña modesta opinión, os derradeiros, e sorprendentes, capítulos deixan ó lector con ganas de saber máis.

Espero, confío, que lles agrade. Saúdos, soñadores!

Leo G.Paz

luns, 1 de febreiro de 2016

Nibiru: Némesis (Saga do Nibiru vol.I)

O Acaecemento do Planeta X: Saga do Nibiru vol.I


Unha cuadrilla de mozos afeccionados fai, case por casualidade, un crucial e á vez inquietante descubrimento astronómico. Inmediatamente, o goberno terrestre toma cartas no asunto; mais tamén o fan os poderes fácticos, as grandes corporacións mineiras espaciais, as aínda poderosas mafias, os influentes líderes relixiosos, os antisistema... Entran en xogo nun drama de suspense político no que todos queren conquistar o fundamental: A súa supervivencia fronte á ameaza que se cerne sobre a Terra...



Limiar: 


Fai miles de anos, na antiga Babilonia, unha lenda escrita nunha tableta de arxila profetizaba a chegada de Nibiru, un corpo celeste, que carrexaría grandes penalidades para o noso planeta.

Nun futuro non moi afastado, a sociedade humana estaba a renacer das súas cinzas, após unha serie de interminables crises financeiras, sociais e sanitarias a nivel planetario, nun desenvolvemento económico, científico e tecnolóxico sen precedentes: enerxías limpas, reciclaxe integral, bioenxeñaría, os novos materiais, a colonización do Espazo, desenvolvemento sustentable, a feroz robotización... 


A Terra converteuse nun auténtico paraíso para os sobreviventes.


Con todo,  un  terrible  evento  desafiará,  de novo,  a capacidade de subsistencia da nosa especie.