domingo, 14 de febreiro de 2016

Nibiru:Némesis, o acaecemento do Planeta X


Saga do Nibiru, volume I


http://www.amazon.es/Nibiru-N%C3%A9mesis-Acaecemento-Planeta-Galician-ebook/dp/B013HAIGTQ/ref=sr_1_3?s=digital-text&ie=UTF8&qid=1455834553&sr=1-3

Limiar:


Alá fai uns anos atrás, os futurólogos apocalípticos da pseudociencia mesturaran, errados, coma sempre, a suposta profecía do troco da Era dos Maia cunha vella lenda babilonia, a do Nibiru, pra crear o fenómeno da Apocalipse do 2012. 

Obviamente, todo iso, non aconteceu. 

Mais, na miña curiosidade humana natural, e coma afeccionado á Historia Antiga, fíxome mergullar no conto e, ó documentarme e ir sabendo máis, foime decatando de que a dita lenda, actualizada ós nosos tempos coas teorías científicas sobre o Planeta X, nunca fora tratada axeitadamente na literatura, e vin que había material dabondo para escribir unha novela, extensa, si, mais entretida, tamén.

Ambientada nun futuro relativamente próximo, a miña novela  podería ser catalogada, nunha primeira ollada, coma de "Ciencia-Ficción catastrofista" clásica, das de toda a vida, pero vai máis alá:

-Téntase respectar rigorosamente os preceptos científicos, tanto a tecnoloxía actual como a que previsiblemente imos ter  dentro dalgún tempo, polo que eu a cualificaría mellor coma de "Ficción Científica".

-Xustamente, un dos temas principais da novela é o "Milenarismo Tecnolóxico" ou a competencia entre os seres humanos e uns robots extremadamente intelixentes, e, inda máis, empáticos.

-Mais, lonxe de ser unha obra densa, incorpora moita acción trepidante, suspense, romance, mesmo fulgores de humor e erotismo... se mo permiten, é unha novela moi "sexy".

Lese moi rapidamente, e, na miña modesta opinión, os derradeiros, e sorprendentes, capítulos deixan ó lector con ganas de saber máis.

Espero, confío, que lles agrade. Saúdos, soñadores!

Leo G.Paz

Ningún comentario:

Publicar un comentario